Beschreibung
Produktdetails
Einband
Taschenbuch
Erscheinungsdatum
01.05.2007
Verlag
Kalandraka EditoraSeitenzahl
40
Maße (L/B)
28/21 cm
Übersetzt von
Manuela Rodríguez Lorenzo
Sprache
Galicisch, Galegisch
ISBN
978-84-8464-634-1
O sorriso deste conto ten ás e voa dun corazón a outro, dando ledicia a quen está triste, ánimo a quen se sinte decaído... Un relato inzado de figuras literarias que rezuma optimismo e ledicia en cada unha das súas liñas. Daniela irradia gañas de vivir a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño do seu sorriso voador, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizan esta fábula: a hipopótama, o chimpancé, a elefanta, a avestruz e o chacal cambian os seus complexos, o seu mal humor, a súa vida monótona, a súa insenbilidade e o seu carácter belicoso por unha nova actitude ante a vida, con autoestima, agarimo, audacia, tenrura e simpatía. Carmen Gil ofrécelles aos lectores un relato de estructura circular, que cheo de contrastes e gran carga simbólica. Tamén se pode interpretar como un puzzle de historias unidas por un fío conductor: o sorriso de Daniela, que se contaxia dun personaxe a outro ata volver á protagonista principal logo de ter sido ?colibrí en primavera, bolboreta de cores, raio de sol, chuvia de maio e un aloumiño do ar?. Dende o punto de vista estético, destaca a luz e o colorido co que Rebeca Luciani constrúe o mundo de Daniela: o detallismo das ilustracións, a orixinalidade coa que superpón os elementos de cada escea, a modo de collage, e a complicidade que establece cos lectores mediante a introducción de garabatos e pinceladas infantís.
Noch keine Bewertungen vorhanden
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kundinnen und Kunden durch Ihre Meinung.
Kurze Frage zu unserer Seite
Vielen Dank für dein Feedback
Wir nutzen dein Feedback, um unsere Produktseiten zu verbessern. Bitte habe Verständnis, dass wir dir keine Rückmeldung geben können. Falls du Kontakt mit uns aufnehmen möchtest, kannst du dich aber gerne an unseren Kund*innenservice wenden.
zum Kundenservice