Chumfley sae a buscar piñas e no seu camiño tópase cos máis insólitos animais, que gardan algunha característica común con el mesmo. Viches algunha vez a un porco formigueiro? Sabes que comen as chinchillas? Que é unha musaraña elefante de trompa dourada? E, a todo isto, que é un chumfley? Nesta divertida historia, descubriremos algúns animais estraños que de cando en cando se deixan ver e sobre os que non todo o mundo sabe, con simpáticas ilustracións que os definen á perfección e unhas breves fichas ao final para recoñecelos. Aprende sobre animais pouco coñecidos neste libro ilustrado, da man dun dos máis misteriosos e amigables, o Chumfley!