
Modesta proposición e outros ensaios (eBook, ePUB)
PAYBACK Punkte
0 °P sammeln!
A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice no...
A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.