
Rosa caramelo
Versandkostenfrei!
Versandfertig in über 4 Wochen
18,99 €
inkl. MwSt.
PAYBACK Punkte
9 °P sammeln!
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Nos anos 70 Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección 'Dalla parte delle bambine', que pouco despois editou Esther Tusquets en España co título 'A favor de las niñas'. Traducida a varias linguas, converteuse nun referente para a coeducación e a igualdade. 'Rosa caramelo' é unha das o...
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Nos anos 70 Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección 'Dalla parte delle bambine', que pouco despois editou Esther Tusquets en España co título 'A favor de las niñas'. Traducida a varias linguas, converteuse nun referente para a coeducación e a igualdade. 'Rosa caramelo' é unha das obras máis emblemáticas desta serie tan vixente e necesaria. Margarida e outras pequenas elefantas viven ailladas nun xardín de anémonas e peonias; o alimento para conseguiren un aspecto físico caracterizado pola cor rosa caramelo da súa pel, que reforzan lucindo zapatos, lazos e colares do mesmo ton. Todas cumpren as expectativas dos seus pais e nais agás ela, que sofre os reproches dos seus proxenitores ata que estes desisten de que sexa coma as demais. Baixo esta historia fabulada subxacen cuestións como un superficial culto á imaxe, ou a crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e clasifícaos en función do seu xénero. Pero sobre todo, é un canto á liberdade, aderezado coas ilustracións de Nella Bosnia, que potencian a mensaxe do texto a base de figuras realistas e cores vivas. Un relato -como en 'Artur e Clementina', 'A historia dos bonobos con lentes' e 'Unha feliz catástrofe'- para pór en valor o rol feminino, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construírmos un mundo mellor.