
O baile diminuto
Versandkostenfrei!
Versandfertig in über 4 Wochen
18,99 €
inkl. MwSt.
PAYBACK Punkte
9 °P sammeln!
De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas? ?O baile diminuto? é un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza, a través dos insectos que van desfilando polas súas páxinas, caracterizados por Sole Poirot con moita orixinalidade mediante a técnica do collage: a araña, a avespa, a formiga, a couza... A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra, María José Ferrada constrúe composicións dunha gran calidad literaria...
De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas? ?O baile diminuto? é un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza, a través dos insectos que van desfilando polas súas páxinas, caracterizados por Sole Poirot con moita orixinalidade mediante a técnica do collage: a araña, a avespa, a formiga, a couza... A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra, María José Ferrada constrúe composicións dunha gran calidad literaria: unha linguaxe metafórica e evocadora, que esperta os sentidos e mais a curiosidade dos lectores sobre un sorprendente mundo de seres minúsculos que soen pasarnos desapercibidos. O grilo que compón a súa propia melodía, a abella que soñaba con flores docísimas, os térmites que esculpen universos de madeira, o vestido de lunares da xoaniña, o farol verde co que o vagalume ilumina o mundo, a mosca de lentes enormes que toma apuntes nun caderno con follas de aire, as ás como espellos de auga do cabaliño do demo ou a bolboreta que voa de primavera en primavera... Unha fauna vista, descrita e ilustrada dende a óptica da beleza.