
Nadarín
Versandkostenfrei!
Versandfertig in über 4 Wochen
18,99 €
inkl. MwSt.
PAYBACK Punkte
9 °P sammeln!
A unión fai a forza e o peixe pequeno non sempre ten que temerlle ao grande. Un clásico para abordar a superación dos medos e o valor da diversidade. A historia de Nadarín, como todos os libros de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto a quen -por cultura ou aspecto físico- non comparte as características comúns, reflíctese nas primeiras páxinas deste clásico da literatura infantil de todos os tempos. Máis aínda, a superación dos medos propios, a forza de vontade para gozar do que nos rodea malia as adversidades que se...
A unión fai a forza e o peixe pequeno non sempre ten que temerlle ao grande. Un clásico para abordar a superación dos medos e o valor da diversidade. A historia de Nadarín, como todos os libros de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto a quen -por cultura ou aspecto físico- non comparte as características comúns, reflíctese nas primeiras páxinas deste clásico da literatura infantil de todos os tempos. Máis aínda, a superación dos medos propios, a forza de vontade para gozar do que nos rodea malia as adversidades que se presenten e a solidariedade cos nosos semellantes, tamén se plasman neste relato de gran calidade estética, con frases curtas cheas de figuras retóricas sutís e suxestivas. E como emblema da obra, unha mensaxe para os lectores: a unión fai a forza. Destaca a orixinalidade da proposta artística de Leo Lionni neste álbum datado en 1963 que, aínda co paso do tempo, conserva toda a súa frescura. Cunha técnica semellante ás manchas de cor, recrea un universo mariño repleto de movemento e de riqueza cromática.