?Míster Magnolia? é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean. De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa, dun paquete envolto en papel de agasallo. Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas e o carácter descritivo das ilustracións, ?Míster Magnolia? é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido, a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan a expresividade e o dinamismo de cada escena.
Kundinnen und Kunden meinen
0.0/5.0
0 Bewertungen
Verfassen Sie die erste Bewertung zu diesem Artikel
Helfen Sie anderen Kund*innen durch Ihre Meinung
Kurze Frage zu unserer Seite
Vielen Dank für dein Feedback
Wir nutzen dein Feedback, um unsere Produktseiten zu verbessern. Bitte habe Verständnis, dass wir dir keine Rückmeldung geben können. Falls du Kontakt mit uns aufnehmen möchtest, kannst du dich aber gerne an unseren Kund*innenservice wenden.