Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938
causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión
pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios.
Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e
traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra
perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías
e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en
Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A
historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos
máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos
e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o
cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración,
chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista
Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia
para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A
partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo,
alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e
catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por
Emma Lázare Rodríguez. Escrita en forma epistolar pola
norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a
sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha
galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu
estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país
en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. ...
Sitemap: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20